martes, 17 de julio de 2012

Os comenzos.

Fotografías como esta son auténticas xoias. Xa a tiña posta na sección do "Fútbol en Pontevedra" fai tempo pero agora gracias o fillo de "Foro", un dos grandes xogadores pontevedreses e que sae na foto histórica da primeira alineación no primeiro partido do clube granate tras a súa fundación en decembro de 1941, podemos coñecer os nomes dos "pioneiros" do fútbol en Pontevedra. A imaxen é do equipo do "Lérez Footbal Club" un dos equipos mais antigos de Galicia, no ano 1918, e nela están vestidos de traxe o Presidente Don Francisco R. Arruñada, esquerda; e a dereita o Vicepresidente Don Antonio Reboreda. Os xogadores que están na foto son Celestino, Pacheco, Camilo Besada, Javier Andrade, Pepe Nicanor e Ramón Dios, Ángel Calvo, Valentín Tobío, Antonio Ferreiro, Manolo Lueiro, José Picolo e Foro. Dentro duns días a Asociación "Cedofeita" presentará no Mosteiro de Lérez unha exposición de fotografías de toda a vida deste histórico clube. Alí estaremos.


3 comentarios:

  1. A FORO non ó vexo.No texto citas a 14 persoeiros perooo..na foto só saen 12+1=13.Saludiños!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tes razón falla un na fila de abaixo, preguntaremoslle entón a Foro cal é o que falla que é o que me pasou os nomes e a fotografía. Saludiños.

      Eliminar
  2. El segundo sentado a la izd de la foto con los brazos cruzados es Camilo Besada, lo comento porque es mi abuelo, jugaba de extremo izd; mas tarde jugo en el Eiriña y una temporada en el Deportivo.
    Salud

    ResponderEliminar