martes, 10 de julio de 2012

San Benitiño no primeiro NO-DO.

Cos meus tios e primos e romeiros na explanada.
Ochegábanos ata un dos salóns do Lérez para celebrar o día do Santo máis milagreiro o "San Benitiño", alí xunto cos meus tíos e primos pasábamos o día de romería comendo empanada e sardiñas. Pola mán era obrigada achegarse ata o Mosteiro de Lérez para cumprir coa tradición de pasar por debaixo do Santo para ver si se cumpren os desexos de cada quén, logo a facer cola para compar o aceite "milagreiro" para poder curar as espullas ou enfermidades da pel. O once de xullo sempre foi festivo local e, ata o Mosteiro, acudían miles de romeiros para ir á Misa e ver saír o Santo en procesión. Despois achegarse ata uns dos salón do Lérez que están enfrente o Santuario para poder disfrutar do paseo en barco o das empanadas, sardiñas e o viño. Recordo sempre que para nós era unha xornada para pasala coa familia, tíos e primos alí na explanada do Río Lérez,debaixo da ponte do tren, onde pasábamos todo  o día comendo, bebendo e bailando ó compas do són das gaitas galegas.
No ano 1943 creóuse o NODO, as "famosas" películas que durante décadas era de obligado cumprimento a sua visión nas Salas de Cine antes dos longometraxes, e que duraban uns quince minutos. Nesta primeira "exhibición", ademáis da exaltación do franquismo da época, sae incluido na sección de "Folklore Español"  o "San Benitiño" dese ano, unha mágoa que se corta o final pero vale a pena velo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario