domingo, 23 de septiembre de 2012

A Puntada.

Imaxen da que foi durante moito tempo a zona de baños e "veraneo" dos nosos pais e avos nos anos cincuenta e sesenta, a "Puntada". Moito traballo tivo "Pla" coa sua barquiña cruzando as nosas familias desde o que coñecemos como beiramar ata a que era entón a "praia" de Pontevedra. Na fotografía vemos, ao fondo, como xa estaba construida a carretera, mais coñecida en aqueles anos como "Avenida de Marín", e como a esquerda desta, ainda non estaba a empresa de Celulosas, ao fondo o colexio de Praceres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario