miércoles, 29 de mayo de 2013

A última impresión do "Diario".

Os nomes dos traballadores do Diario.
Lonxe queda aquel ano de 1879 cando naceu como tal o "Diario de Pontevedra" e que era a continuación de outro chamado "El Diario". En 1887, e dirixido por Andrés Landín, volveu a renacer o periódico, e mais tarde sucedería a éste o seu fillo Prudencio como Director. Desapareceu un 28 de febreiro de 1939 despois de estar máis de medio século escribindo a historia da cidade. O Diario estivo ausente da vida informativa local case 25 anos ata que en 1963 volveu a ver a luz e dirixido por Enrique Paredes no que foi fiel aos seus lectores, no que os seus atrancos económicos o impediron, ata 1967, ano no que pechou de novo. Uns meses despois e xa como Cooperativa de Producción o Diario de Pontevedra volveu tomar pulo e asentouse na vida informativa da cidade ata finais dos anos 90 no que o Grupo "El Progreso" faise cos destinos do medio escrito local ata a actualidade. Na fotografía podemos ver a maioría dos traballadores do periodo 63/67 posando na "última impresión" xa que o día seguinte pasaban o paro. Imaxe cedida amablemente por meu amigo Suso Gómez que ademais de traballador do Diario foi compañeiro meu cando iniciábame como aprendiz nos talleres tipográficos de Cortegoso na Avenida de Circunvalación, hoxe Otero Pedraio, nun baixo en forma de taller no 1976 e onde por alí formábamos a familia de "Gráficas Pontevedra": Emilio Arán "Cuco", Santiago Lorenzo Macías, o "Batas", Ramón, Juan José, Zacarías Castro, Pardo, o "Mudo", Ana, o "Catalán", o xefe de todo isto José Cortegoso Varela e o cuñado de éste, Buceta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario