lunes, 21 de abril de 2014

Fóisenos Alfonso.

O batín de Alfonso, a vella cámara e a silla de "palco" instantánea típica da nosa Pontevedra de entón. Foto: "Pontevedra o día que perdemos o mar"/Victor F. Freixanes-Xoán Vilar Cardona.
En plena semán de fe e recollemento o corazón de 88 anos de Alfonso González, o último fotógrafo de As Palmeiras deixou de latexar. No meu recordo sempre quedarán eses "persoaxes" vestidos con batíns azuis e vellas cámaras de cabalete que se poñían na entrada de As Palmeiras, ao lado daquela enorme farola, e que inmortalizaban a todo o que se sentara naquelas vellas sillas de "palco" cunha saba branca como fondo. Alí nas súas instantáneas ao "minuto", como dicían, aínda que sempre erán máis tempo, che sacaban a tira de catro fotografías tamaño carné e que gardabas molladas nos bolsillos dos pantalóns despóis de ter pasado polo cubo con auga que colgaba dos cabaletes. Nesas Palmeiras onde se poñían os "minuteiros" tiña o seu negocio Alfonso. Toda unha vida dedicada como fotógrafo de rúa e que para moitos xa forma parte dese rincón de Pontevedra na que de nenos visítabamos sempre coa roupa dos Domingos. Ao lado da histórica terraza valada do "Branco e Negro" é xunto a outros personaxes de Pontevedra como eran/es Dimas o heladeiro de "La Orensana", Herrera e a súa muller, os vendedores de "barquillos", o "Matagusanos" ou a "mona" das Palmeiras conforma unha estampa típica da Pontevedra da miña nenez. Descanse en paz para sempre Alfonso o último minuteiro.

Alfonso no seu "posto" de traballo ao lado da enorme farola que había na entradas das Palmeiras e cando a "vorágine" dos coches inundaba todos os rincóns de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario