jueves, 13 de abril de 2017

A miña Biblioteca

O edificio rematouse en 1910 (imaxes: Arquivo Histórico Provincial)
























Sen o edificio que afea o seu entorno
Construída a finais do século XIX e rematado en 1910, a que fora Casa dos Fonseca, na miña nenez a Biblioteca Pública Municipal, hoxe, convertida no Arquivo Histórico Provincial, estaba a caron das silveiras que había na rúa Paseo de Colón por onde pasaba o tren, ao lado da chatarrería de Rivas, unha rúa que por aquel entón estaba sen asfaltar e practicamente intransitable polo barro e os charcos que no inverno se formaban. A escasos metros do enreixado que daba entrada ao histórico edificio, coas súas oito columnas, palmeiras e famosas esfinges, estaban as vías do ferrocarril a Santiago, que se perdia polo pequeno tunel que había, e aínda hai, debaixo da Ponte da Barca. A Biblioteca era como a miña segunda casa, cando chegaba do colexio a Academia Cervantes sobre as cinco a miña avoa tíñame preparado un de aqueles bocadillos que se facían coa nata do leite que se formaba cando se hervia e que se gardaba nunha cunca na neveira. Esto era unha estampa típica de moitas casas naqueles anos, o cazo na porta para que logo pasase a leiteira e enchelo. Unha vez que daba boa conta do bocadillo mentres vía o programa infantil de Televisión Española "A Casa do Reloxo" ía todas as tardes á miña Biblioteca. Ahi foi onde descubrín aos dous galos máis famosos do cómic, a Tintin e a Spirou e Fantasio. Cantas tardes paseime lendo as aventuras de Asteríx e Obelix e cantas carcaxadass soltaba un servidor soliño, ata tiña que vir o conserxe para chamarme a atención. Recoñezo que de cando en vez se me escapaba a vista cara a aquelas publicacións en francés que traían publicidades de mulleres coa parte de arriba espida, pero mais que nada, por elevar o meu nivel do idioma e facer a miña profesora "La Madame" que se sentira orgullosa. Por algún arquivo debe andar anotado o meu nome e apelidos como socio número un infantil e que me custaba seis pesetas ao ano. Recordo que en abril pola "Feira do Libro", todos os anos, a señora que estaba encargada de dita seccion sempre me regalaba envolvido en papel de agasallo un lote de libros. Hoxe na miña casa está a colección enteira de contos dos persoaxes Asterix e Obelix, que é de lectura obrigada moitas veces, e que descubrin nun edificio do Paseo de Colón, a miña Biblioteca.



1 comentario: